Alemaña nazi

Memorias

by on 07/09/2009

portada libro

Speer e Hitler examinando uns planos no Obersaltzberg

Adolf Hitler foi -entre outras cousas- un asasino. A pesar diso sempre me interesou saber como foi posíbel que un personaxe así chegara ao poder arrastrando consigo un gran número de seguidores e adeptos incondicionais. Porque a súa ascensión e as consecuencias que iso acarreou non só foi cousa del senón tamén das persoas que o apoiaron. Un dos seus colaboradores máis achegados foi o arquitecto Albert Speer -encargado de elaborar e executar os megalómanos proxectos urbanísticos de Hitler e máis tarde cumprir funcións coma Ministro de Armamento do Reich-. Speer -no  proceso de Nuremberg- foi condenado a vinte anos de prisión en Spandau, até a súa saída en 1966. Durante a condena dedicouse a escribir unhas memorias que verían a luz poucos anos despois da súa liberación (1969). Estas memorias están traducidas ao castelán e editadas por Acantilado (Barcelona, 2001) nunha edición moi coidada. Nelas, o arquitecto, relata minuciosamente como chegou a ser estreito colaborador de Hitler e amigo íntimo e ofrécenos un fresco impresionante da Alemaña nazi e da figura do Führer, humanizándoa. É isto último o que dá máis medo, porque non podemos esquecer que todos os terrores e crimes que produciu o nazismo teñen como orixe o propio ser humano.

{ 2 comments }

Licencia Creative Commons
xoseso por Xosé Abelleira está baixo unha Licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 España.