Tom Ripley é codicioso, egoísta, un home que —do mesmo xeito ca os pequerrechos— só ve o mundo desde o seu punto de vista. É un heroe diferente. Un personaxe amoral que utiliza sen escrúpulos as persoas que o rodean para conseguir os seus obxectivos: gozar dunha vida chea de luxos, cómoda… unha vida de praceres.

Sobre a sicoloxía de Tom poderiamos escribir unha ducia de libros pois o retrato que Patricia Highsmith fai del é de gran complexidade. En cada conversa, en cada pensamento que lemos descubrimos un pouco máis deste farsante e decatámonos das súas inseguridades e complexos. Probabelmente Ripley ten un considerábel complexo de inferioridade que o transforma nunha persoa cunha gula sen límites. Reveladora é a frase final do libro cando o taxista lle pregunta en que hotel se quere hospedar, ao que Tom responde: Il meglio albergo. Il meglio, il meglio!
Desde o meu punto de vista, o máis destacado desta obra é a amoralidade do carácter creado pola Highsmith. Carácter que vemos emerxer noutro dos meus personaxes favoritos de ficción televisiva: Tony Soprano. Tanto o primeiro coma o segundo loitan por obter un maior poder sen importarlle as consecuencias que os seus actos poidan ter. Digamos que non teñen conciencia.
O mellor de todo isto non é só ese parecido de Tom con Tony senón outra circunstancia dese comportamento que atopamos máis apegado á nosa realidade de todos os días: a tan infame clase política cos seus escándalos de corrupción e loitas de poder onde vemos actitudes idénticas ás do personaxe de Patricia Highsmith, é dicir: a máis absoluta amoralidade.
De seguro que Tom no mundo de hoxe se movería como peixe na auga.
A foto da imaxe pertence ao usuario de Flickr mdoliveira e leva por título: the talented mr. ripley concept

Despois de ler Robots e imperio (versión en castelá editada por Debolsillo, 2010) de Asimov podo dicir que me parece un libro fantástico. Del quédome con moitas cousas, que de seguro comentarei polo miúdo nun futuro post no que tamén terei que dar conta —obviamente— da Saga da Fundación, pois este libro forma parte dela. Pero hoxe tan só quero poñer aquí un fragmento que me parece excepcional e que é a mecha que provoca a creación da Ley cero da robótica polo robot Daneel Olivaw. Estas son as derradeiras palabras que o humano Elijah Baley (preto da súa morte) lle dixo ao robot Daneel:
El trabajo de un individuo contribuye al de todos y así se vuelve una parte inmortal de la totalidad. La totalidad de las vidas humanas pasadas, presentes y futuras… forma un tapiz que existe desde hace decenas de millares de años y cada vez se hace más complicado y, en general, más hermoso cada día. Incluso los espaciales forman parte del tapiz, y ellos también añaden complicación y belleza al dibujo. Una vida individual es como unha hebra en el tapiz, ¿y qué es una hebra comparada a toda la pieza? Daneel, mantén fijamente tu mente en el tapiz y no permitas que una sola hebra suelta te afecte.
Acaso non é certo?
A foto da imaxe pertence ao usuario de Flickr FlySi e leva por título: Robot Joe
La Injusticia no puede vencer al Principio,
el Principio no puede vencer a la Ley,
la Ley no puede vencer al Poder,
el Poder no puede vencer al Cielo.
Extraído de: El Arco iris de gravedad, Thoman Pynchon
Sigo coa lectura de Viaje al Oeste; Las aventuras del Rey Mono do que xa falei non hai moito. Agora que avancei considerabelmente podo dicir que os personaxes principais desta obra son magníficos. Os que -polo de agora- máis protagonismo acaparan son o Peregrino Sun, o monxe budista Tang e Ba-Chie.
O Peregrino Sun ou Rei Mono defínese pola súa arrogancia, astucia, valentía e sempiterna desconfianza no resto de seres que o rodean. Este mono -ademais de inmortal- posee uns poderes inimaxinables; só direi que -por exemplo- domina a arte de transformarse, nomeadamente en setenta e dúas morfoloxías diferentes. Soe ser quen salva aos seus compañeiros dos grandes peligros que van atopando durante a peregrinación que levan a cabo na busca dunhas escrituras budistas. A continuación temos o monxe Tang do que o Peregrino Sun é discípulo. O encargo de levar as escrituras budistas recae -principalmente- nas mans deste personaxe que se estabelece coma un contrapunto ao Rei Mono. Tang é covarde, confía en exceso na xente e na súa vontade e, en consecuencia, non se decata das dobreces e intencións dos seres que o rodean e que coñece ao longo do camiño. E por último, aparece Ba-Chie. De aspecto grotesco, repugnante. É descrito coma un ser folgazán, tremendamente egoísta, mentireiro pero no fondo ten un bo corazón.
Todos eles representan, por tanto, arquetipos humanos -ben coñecidos por todos-. Os sucesos que lles acontecen na obra e como os resolven, a pesares dos seus caracteres contraditorios, son -por unha parte- tremendamente amenos e -por outra- moi instrutivos.
Desde hai uns días estou lendo Viaje al oeste; Las aventuras del Rey Mono, un clásico chinés do renacemento editado en España por Siruela. Ata o de agora lin unhas trescentas páxinas, polo tanto, pouco podo opinar das súas calidades literarias pois a novela consta de 2000. No treito que lin o relato céntrase, principalmente, nas orixes do Rey Mono, de como fundou o seu imperio, se converteu en inmortal e aprendeu incríbeis poderes máxicos, desafiou a Terra e o Ceo e posteriormente a súa caída en desgraza por volverse un fachendoso e prepotente.
Mais o feito de que hoxe escriba esta breve anotación é que a pesar do pouco avanzado da miña lectura xa atopei nela algunhas pasaxes significativas que me chamaron moito a atención. Por exemplo (en castelá):
El ajedrez ayuda a desarrollar la disciplina y la prudencia. En este sentido, las piezas más fuertes deberán colocarse en el centro, las más débiles a los lados, y las menos poderosas en los extremos. Existe una regla de oro, muy conocida por todo buen jugador que dice: “Es preferible perder una pieza que una ventaja ya adquirida. Cuando se ataca por el lado izquierdo, es preciso mantener bien protegido el derecho. Sólo podra hablarse de retaguardia cuando se tenga una vanguardia realmente fuerte, para lo cual es necesario poseer, a su vez, una retaguardia segura. Los dos extremos están íntimamente unidos, pero se debe ser flexible en sus movimientos y, ante todo, se ha de tratar de evitar que ambos se estorben. [...] No es raro que en el ajedrez se empiece obteniendo una ventaja considerable, para terminar totalmente derrotado. Si el enemigo recupera sus fuerzas, sin ser atacado, es señal clara de que tiene intención de lanzarse a la ofensiva; si abandona, por otra parte, la defensa de una buena porción de su territorio, es muy posible que esté buscando la anexión de otro mayor. Si hace sus movimientos sin pensar, con ello demuestra que es una persona irreflexiva; no hay mejor manera, pues, de buscar la derrota que ceder a su propio modo de obrar. Con razón afirma el Libro de las Odas: “Aproxímate con la máxima precaución, como si estuvieras acercándote a un barranco profundo”.
“El tablero de ajedrez -dice el poema- es la tierra, y el cielo las piezas. En los colores blanco y negro está simbolizado todo el universo. Cuando el juego alcanza las cumbres de la sutileza, suelta la carcajada el Inmortal que nunca juega.
Speer e Hitler examinando uns planos no Obersaltzberg
Adolf Hitler foi -entre outras cousas- un asasino. A pesar diso sempre me interesou saber como foi posíbel que un personaxe así chegara ao poder arrastrando consigo un gran número de seguidores e adeptos incondicionais. Porque a súa ascensión e as consecuencias que iso acarreou non só foi cousa del senón tamén das persoas que o apoiaron. Un dos seus colaboradores máis achegados foi o arquitecto Albert Speer -encargado de elaborar e executar os megalómanos proxectos urbanísticos de Hitler e máis tarde cumprir funcións coma Ministro de Armamento do Reich-. Speer -no proceso de Nuremberg- foi condenado a vinte anos de prisión en Spandau, até a súa saída en 1966. Durante a condena dedicouse a escribir unhas memorias que verían a luz poucos anos despois da súa liberación (1969). Estas memorias están traducidas ao castelán e editadas por Acantilado (Barcelona, 2001) nunha edición moi coidada. Nelas, o arquitecto, relata minuciosamente como chegou a ser estreito colaborador de Hitler e amigo íntimo e ofrécenos un fresco impresionante da Alemaña nazi e da figura do Führer, humanizándoa. É isto último o que dá máis medo, porque non podemos esquecer que todos os terrores e crimes que produciu o nazismo teñen como orixe o propio ser humano.
foto extraída de Flickr; usuario: HORIZON
De J.M.G. Le Clézio tan só lin un libro del até o de agora, unha tradución ao portugués de Désert (Dom Quixote editora, segunda edición, 2008), publicado por vez primeira en 1980 a cargo de Éditions Gallimard.
Deserto contén unha narrativa poética, evocadora; un relato que nos fala de culturas exterminadas e culturas exterminadoras, da perda de identidade das persoas mais tamén da resistencia doutras por conservar os trazos que as definiron e definen dende o seu nacemento, trazos sen os cales as súas vidas carecerían de sentido.
Unha excelente novela dun escritor explorador da humanidade e das civilizacións que a compoñen.