Entrevistas

Xornalismo mediocre

by on 21/10/2009

A entrevista que Carlos Luís Rodríguez lle fixo a Carlos Callón no programa da Tvg Foro Aberto é suxa e dunha tremenda vileza; o que máis me chama a atención son dúas cousas: unha é como Rodríguez tenta constantemente relacionar á MESA como unha asociación exclusivamente nacionalista e, polo tanto, sospeitosa e representante dunha minoría; e outra é como de novo Rodríguez quere xustificar e facer ver ao espectador que a presenza do Ministro Caamaño na manifestación foi un erro del e/ou do Psoe que non sabían onde se metían nin polo que se protestaba.
Mal, moi mal a Tvg.

Fonte: nagalizaemgalego

{ 1 comment }

Nesta interesante entrevista, o lingüista Juan Carlos Moreno Cabrera fala sobre o plurilingüismo.

{ 0 comentarios }

Licencia Creative Commons
xoseso por Xosé Abelleira está baixo unha Licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 España.