
A historia de Unicrom desenvólvese nun universo paralelo, onde as xentes que o habitan -excepto unha das razas: os repugnantes- se moven por ideas e sentimentos nobres: a cooperación entre os pobos, o diálogo como medio para solucionar conflitos armados, a tolerancia e sobre todo: o amor. Un amor libre de egoísmos, de dobreces…
Ogallá nós, que habitamos este planeta Terra, tivésemos (e triunfasen) uns comportamentos minimamente parecidos aos que describe -cunha imaxinación desbordante- este fermoso libro de Rosa Enríquez.
Entradas relacionadas:
