Este é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel… Así reza a contraportada deste libro. A historia deses dous personaxes é a que dá pé ao devir de acontecementos que suceden neste relato de Manuel Lourenzo González pero, sobre todo, o libro fálanos do destino xa escrito ao que debemos facer fronte e que non podemos cambiar ou evitar. Esta é a “tese” que o escritor nos quere transmitir, o verdadeiro tema deste relato onde o amor ten unha importancia vital.
O inicio d’ O Xardín das pedras flotantes está moi ben logrado e conseguiu engancharme rapidamente: a presentación de personaxes, o modo en que conectan uns con outros, as relacións que estabelecen entre eles…
A segunda parte resultoume menos apaixoante; e non porque o que se conta careza de interese senón que se incide demasiado no amor entre Simón e Anabel, remárcase en exceso.
Na terceira e derradeira parte (desenlace) o relato finaliza concorde á “tese” do destino escrito. Acaba cun final circular que, honestamente, deixoume bastante indiferente, talvez, por convencional.
A parte de cuestións relacionadas coas calidades literarias da obra que nos ocupa cómpre facer fincapé sobre un particular: o excesivo número de erros tipográficos que presenta aínda sendo esta unha primeira edición.
Resumindo, unha interesante novela de cincocentas páxinas e con algúns altibaixos na parte central que se le dunha vez.
Entradas relacionadas:


{ 2 comments… read them below or add one }
Por un momento confundimos a Manuel Lourenzo co dramaturgo do mesmo nome e apelido… Aínda por enriba, Manuel Lourenzo é moi amigo de Emilio González, o dono de Finca Galea, que ten unha pedra "flotante" moi curiosa no seu inmenso xardín. Mira no noso flickr: http://www.flickr.com/photos/certo/3856162208/
Ola @Certo. Obrigado pola túa visita.
O de confundir o autor d´O xardín das pedras flotantes co dramaturgo Manuel Lourenzo tamén me pasou a min. Logo decateime que se incluía tamén o segundo apelido -González- na portada do libro e xa deducin que non podía ser o o mesmo.
Dos demais datos que me informas non sabía nada. A foto éche ben curiosa.
Saúdos.