De personaxes literarios

by on 12/10/2009

Sigo coa lectura de Viaje al Oeste; Las aventuras del Rey Mono do que xa falei non hai moito. Agora que avancei considerabelmente podo dicir que os personaxes principais desta obra son magníficos. Os que -polo de agora- máis protagonismo acaparan son o Peregrino Sun, o monxe budista Tang e Ba-Chie.
O Peregrino Sun ou Rei Mono defínese pola súa arrogancia, astucia, valentía e sempiterna desconfianza no resto de seres que o rodean. Este mono -ademais de inmortal- posee uns poderes inimaxinables; só direi que -por exemplo- domina a arte de transformarse, nomeadamente en setenta e dúas morfoloxías diferentes. Soe ser quen salva aos seus compañeiros dos grandes peligros que van atopando durante a peregrinación que levan a cabo na busca dunhas escrituras budistas. A continuación temos o monxe Tang do que o Peregrino Sun é discípulo. O encargo de levar as escrituras budistas recae -principalmente- nas mans deste personaxe que se estabelece coma un contrapunto ao Rei Mono. Tang é covarde, confía en exceso na xente e na súa vontade e, en consecuencia, non se decata das dobreces e intencións dos seres que o rodean e que coñece ao longo do camiño. E por último, aparece Ba-Chie. De aspecto grotesco, repugnante. É descrito coma un ser folgazán, tremendamente egoísta, mentireiro pero no fondo ten un bo corazón.
Todos eles representan, por tanto, arquetipos humanos -ben coñecidos por todos-. Os sucesos que lles acontecen na obra e como os resolven, a pesares dos seus caracteres contraditorios, son -por unha parte- tremendamente amenos e -por outra- moi instrutivos.

Entradas relacionadas:

  1. O xadrez

Deixa o teu comentario

Entrada anterior:

Entrada posterior:

Licencia Creative Commons
xoseso por Xosé Abelleira está baixo unha Licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 España.