AntiCristo

by on 06/12/2009

AntiCristo (Antichrist) -do danés Lars Von Trier- é un filme provocador e, en certos momentos, difícil de ver. Está protagonizado por Willen Dafoe -que interpreta o personaxe de El- e Charlotte Gainsbourg -que interpreta a personaxe de Ela-. Ambos os dous  caracteres teñen nomes xenéricos pois representan o xénero masculino e o xénero feminino.
A maior parte da película desenvólvese nun espazo xeográfico (e mental) coñecido como Edén. Así pois,  El é unha especie de Adán moderno e Ela a correspondente Eva.

cartel da película
Antichrist -que Von Trier divide en catro capítulos máis un epílogo- comeza co suceso fatal  que dá orixe aos acontecementos que van devir nesta longametraxe: a morte do neno da parella mentres esta goza cos praceres da carne.
Despois deste tráxico suceso deciden emprender a viaxe que os leva até  Edén: un bosque apartado, en terra de ningures, no que hai unha vella casa de madeira. É neste espazo onde Ela comeza o seu proceso para tratar de superar o tráxico acontecer inicial; e digo Ela porque o personaxe de Dafoe parece que non sofre un trauma profundo, talvez debido á súa formación académica: sicólogo.
A partir de aquí o filme dá un xiro radical e vai por outros derroteiros. A vida en Edén convértese nun auténtico pesadelo. Ela cada dia está máis deprimida e só atopa instantes de felicidade  cando fornica co seu marido. Isto induce nela sentimentos encontrados que acaban saíndo á luz cando nun lance dá un golpe tremendo cun obxecto ao pene del e deseguido insire na sua perna esquerda unha pedra de afiar (incríbel a truculencia desta secuencia) para que non escape e poder ,probabelmente, torturalo a pracer até a morte. Pero, contra todo pronostico, El consegue escapar e iníciase unha secuencia de eventos que rematan cos dous personaxes na casa de Edén; neste intre ocorren dúas accións simultaneas: unha revelación interior da nosa protagonista e o intento  de asasinato (por parte dela) ao marido mentres que este loita por desfacerse da pedra de afiar que ten atada á sua perna. Cando o consegue El estrangúlaa e dá comezo o epílogo do filme, do que aquí non direi nada pero que, para min, pón de manifesto o carácter misóxino da obra de Von Trier.

Non existen entradas relacionadas.

{ 2 comments… read them below or add one }

miguelanxoNo Gravatar Dezembro 7, 2009 às 21:48

Olà Xoseso!

Interesante o análise que fas deste filme ;) . Non a vin aínda que, cando estivera nos cines, quixera achegarme e vela mais quitáronme a idea algunhas críticas que lin na rede sobre ela. Agora, o ler o teu post, volvo querer a vela! Tampouco sabía do carácter misóxino da obra deste home mais estarei atento.

Apertas!

P.S.: Vouche copiar o manifesto sobre os dereitos fundamentais de internet que tes publicado para poñelo no meu blogue porque estes días, aínda con toda a polémica, non tiven tempo para poñer unhas letras para apoiar o movemento que xurdiu en internet. :P ;)

Responder

Xosé A.No Gravatar Dezembro 7, 2009 às 21:07

Ola Miguelanxo. Como vai? Parece que a Lareta tamén colleu uns días de vacacións nesta ponte xDDD.

Tocante ao filme, eu tamén lin moitas críticas negativas sobre el mais aínda así animeime a velo e non me deixou tan mal sabor de boca como esperaba. É, para min, unha obra que se pode interpretar ou ver desde difererentes puntos de vista; as miñas primeiras sensacións nada máis rematar o seu visionado estiveron relacionadas co carácter misóxino do que falo no post pero -como xa dixen- non me cabe dúbida que outras análises son posíbeis. Se finalmente te animas a vela xa me dirás.

O texto do manifesto podes copialo sen problema; eu, de feito, copieno tamén doutra páxina web. Canta máis difusión teña mellor.

Saúdos e que teñas unhas boas ferias.

Responder

Deixa o teu comentario

Entrada anterior:

Entrada posterior:

Licencia Creative Commons
xoseso por Xosé Abelleira está baixo unha Licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 España.