No Facebook, dende que este sábado se presentou en acto oficial na cidade de Santiago (Facultade de Filoloxía) a plataforma ProLingua, estanse facendo bastantes comentarios sobre a nula presenza dunha noticia coma esa na Tvg, canle pública que -teoricamente- debe promocionar a lingua galega e favorecer, polo tanto, a súa normalización dentro da nosa sociedade. E isto vólvese máis grave cando neste medio si que se lle dá voz a unha organización bilingüe que non é tal e cuxo obxectivo real é desprazar a lingua galega cara a usos anecdóticos. Así pois, a Tvg fai todo o contrario do que debe.
Situacións como a que describo no parágrafo anterior están sucedendo moi a miúdo dentro dos medios de comunicación galegos; tan só hai que lembrarse das palabras que o presidente da Rag -Xosé Ramón Barreiro- lle dirixiu a Feijóo durante a entrega do premio “Casa dos Poetas” de Celanova e comparar o tratamento que a noticia tivo en Xornal.com e A Nosa Terra vs. La Voz de Galicia.
Non sei a vos pero a min todo isto paréceme bastante lamentábel.
Non existen entradas relacionadas.


{ 3 comments… read them below or add one }
Subscrito ao cento por cento todo o teu argumentario. O emprego totalmente partidario e ocultista –enténdase isto como agochar a realidade– que fai este gobernucho é lamentábel. Saúdos revolucionarios para ti tamén.
Totalmente dacordo contigo, Xoseso. A TVG e a RG xa non serven para o que en realidade foron creadas agora alimentan ó monstruo. Eles saben como facelo… sábeno ben, por expereincia.
Xa ves: http://chuza.org/historia/analise-da-repercusion-...
Saúdos revolucionarios a ti e a albixoi
Moi acertado o que dis @miguelanxo e moi interesante o enlace que puxeches de Chuza. É absurdo, incluso surrealista, que un caso de corrupción coma o Gürtel apareza na inmensa maioría dos medios de comunicación estatais -dada a súa obvia relevancia- e na Tvg e Rg non se lle dea a máis mínima visibilidade.
Como digo no post, lamentábel.
Saúdos